B1N0 🔗 Phoac
Data e hora:
Venres 16 de Setembro
22:30h
Ubicación:
Filomatic
Rúa San Xosé, 21, 15002 A Coruña
B1N0
Motivados pola súa fascinación cara ao slow-pop facturado por James Blake, os cataláns Malcus Codolà e Emili Bosch formaron b1n0, dueto enfocado cara a variables abertas a outros estilos de música, onde vangarda e gasoso latexo dance evocan un son único, íntimo e evocador, ao mesmo tempo. Do seu particular uso do sintetizador e o sampler, transcende a necesidade de conformar unha voz renovadora dentro do que hai dúas décadas se entendeu como indietrónica, e que eles captaron desde un contexto rabiosamente actual e pleno de arestas, tamén conformadas por unha chea de voces convidadas para interpretar as súas cancións, con invitados e invitadas tan especiais da escena catalá como Tarta Relena, Ferran Palau, Marina Herlop ou O Petit de Cal Eril.
PHOAC
Para Tándem, b1n0 fará alianza con Phoac, nome tras o que se agacha o produtor e songwriter Pau Vehí. Radicado en Barcelona, Pau formou parte da escena musical underground desde finais dos 2010, fundando bandas como North State, Rodeo, conxuntamente co dúo de electrónica barcelonés b1n0, e agora co seu proxecto en solitario. O mesmo no que destacan cancións como o seu single “2020”, ou a súa colaboración co referente emo-house dj poolboi, en forma de single e videoclip para o segundo álbum do dj de Austin, TX.
A fórmula levada a cabo por Phoac combina flow hip-hop, intensas texturas eléctricas e pulmón electrónico. Baixo este corpo sonoro pódense recoñecer trazos dalgunhas das súas principais inspiracións, como King Krule, Charli XCX, Deftones, Blink 182 e o inevitable James Blake.