Blanco Palamera 🔗 Zuaraz
Data e hora:
Sábado 17 de Setembro
22: 30h
Ubicación:
INN Club
Av. Porto da Coruña, 3, 15003 A Coruña
BLANCO PALAMERA
Hai tres anos Blanco Palamera presentouse en sociedade con “Promesas”, unha das estreas máis estimulantes destes últimos anos, coa que iniciaron unha das traxectorias máis prometedoras que saíu do pop galego ultimamente. Tres anos despois do seu debut oficial chega “Intimidade”, un traballo sobre o que Manu Blanco e Xoán Domínguez nos falan de ambicións e do futuro dun proxecto que volve a poñer ao selo discográfico Raso á fronte da vangarda pop actual. Non en balde, o segundo disco do dúo compostelán, fincado en Madrid, é un gran encadeado de como xogar con formas experimentais dentro dun formato de canción pop do cal poderemos gozar a súa esencia na actuación que teñen planeada nesta primeira edición de Tándem.
ZUARAZ
Para a súa posta en escena, os galegos Blanco Palamera compartirán táboas cos mexicanos Zuaraz, que responden ao modelo actual de avezados preservadores das raíces da canción popular. No seu caso, cantos collidos desde o respecto pola gran tradición que funde camiños na viaxe que nos leva de México a Cuba. Xa sexa por medio do tumbao, o son cubano, o bolero, pero tamén con capítulos tan interesantes como a postal hipnagóxica, en modo Ernst Hood. No seu primeiro LP, Manuel Blanco (Palamera) foi o encargado da produción de “Bugambilia”, traballo sen aduanas Quilómetro cero que satisfai de pleno e abre o apetito de forma considerable cara a novos episodios de tan boiante paseo polos portos meridionais da memoria popular colectiva.