Green T 🔗 Queidem
Data e hora:
Sábado 17 de Setembro
13:00h
Ubicación:
Mardi Gras
Tr.ª Torre, 8, 15002 A Coruña
GREEN T
Green T é o proxecto persoal de Teresa de la Gándara, madrileña de 23 anos que compón, produce, canta e domina varios instrumentos. O seu imaxinario musical responde a unha absorbente nebulosa pop, onde o humor Talking Head impregna os máis afastados imaxinarios sónicos. Do soño aerostático de Hiroshi Yoshimura á híper sensibilidade de Frank Ocean, flúe o sinal Beatles, a saudade da bossanova, a pulsión post-punk e o flow hip hop. O que se entende como unha caleidoscópica proxección dream soul, coa que se confirma como un dos valores con máis proxección, e o máis inquieto, da puxante xeración #bedroompop dos nosos días. O seu directo é unha gran matrioska estilística onde os significantes pop bailan ao son da súa excitante permeabilidade sónica.
QUEIDEM
Instalado en Madrid desde hai cinco anos, o músico valenciano Raúl Martí revélase como un dos valores aos que seguir con lupa nos próximos tempos. Dotado coas habilidades necesarias para provocar unha fochanca emocional na conxestionada autoestrada do circo pop. Os singles de adianto do seu inminente primeiro LP plasman a vertixe vocal a través do cal Queidem creba a horizontalidade habitual dos leitos interpretativos. Un labirinto de inflexións nadas desde o estómago, xamais provenientes do xiro fatuo ou a demostración en cartón pedra. Cada diferente fase do seu crecemento móstranos un rostro cambiante, tan devoto da expresión minimal dubstep de James Blake como de xogar coa cadea imaxinaria que une o pianístico en slow motion de Erik Satie coa intensa aflición de Thom Yorke.