Músculo 🔗 I.O.
Data e hora:
Xoves 15 de Setembro
23:30h
Ubicación:
O Túnel
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2
15008 A Coruña
MÚSCULO
Xurdidos de Valga, Pontevedra, Músculo é unha formación nacida co don para hibridar a rítmica magnética de Caribou coa necesidade de penetrar en terreos sonoros que xogan cos elementos que marcan a esencia da última encarnación de Low.
Dez anos despois do seu nacemento, Músculo converteuse no resultado dunha evolución que parte do impacto xerado por discos como “XTRMNTR” de Primal Scream e chega ata a ambición de redefinir os significantes da IDM a través dun corpo de cancións pop, experimentais en esencia, aínda que dotadas de formas ambient-pop para facernos bailar, xa sexa a nivel neuronal ou por medio da vibración intrínseca ao motorik kraut.
No devandito espírito como vía central, converxen a experiencia do camiño labrado coa expectación do autodescubrimento.
I.O.
O directo de Músculo, contará coa incorporación da compositora e alquimista do chelo Isidora O’Ryan. A tamén cantante chilena, pasou dos ensembles, conxuntos de cámara e a improvisación libre ao folk melancólico e invernal na banda Los Tristes, xunto aos seus irmáns, cos que publicou o seu debut homónimo en 2017. Este é, probablemente, un punto de non retorno. Tras esta experiencia, comeza a compoñer cancións nas que o chelo se acompaña de sintetizadores, en pezas que se atopan sempre nos límites do pop, pero nunca rematan de acomodarse alí, dando lugar a probas sonoras como “La ciénaga”, LP de 2020, que xa lle valeu para ser comparada coa gran Julia Holter. A publicación desta xema foi o seu billete de entrada a ciclos e festivais coa soleira do Primavera Pro.