Pablo und destruktion 🔗 Fee Reega
Data e hora:
Domingo 18 de Setembro
21:00h
Ubicación:
Garufa Club
Rúa Riazor, 5, 15004 A Coruña
PABLO UND DESTRUKTION
Pablo Und Destruktion iniciou a súa carreira en solitario en 2011, labrándose un oco destacado como un dos autores máis interesantes do panorama musical nacional, fóra de toda etiqueta. É un trobador postmoderno, e publicou seis álbums: “Animal con Parachoques”, “Sangrín”, “Vigorexia emocional”, “Predación”, ”Futuros Valores” e “Ultramonte”. Traballos, todos eles, de letras viscerais, irónicas, poéticas e desafiantes, que cuestionan a idea de progreso, denuncian a mercantilización, a falsa sociedade do benestar e percuran un novo rumbo tras a caída dos imperios globalizadores do século XX. Saen do maniqueo, das moderneces, dos fogos artificiais. Da súa posición insobornable como axitador das pautas de pensamento marmóreas, xorde un directo incendiario, provocador.
FEE REEGA
Para o aquelarre pop invocado por Pablo Und Destruktion, Fee Reega será a súa man dereita. A intérprete alemá, afincada en Xixón, empeza a facer música en 2009. Desde aquel mesmo instante, foi medrando o xerme dunha voz única, alambicada entre a ironía filosófica e a arroutada emocional da súa particular forma de xogar co vocabulario español. Da súa capacidade natural para amosar o lado máis atrevido da dialéctica folk, xurdiron unha serie de traballos discográficos sempre en progresión ascendente, que en directo cobran nova vida, por medio dunha posta en escena onde desprende carisma polos catro costados. E as palabras das súas cancións adquiren renovado fulgor e capacidade de atracción. De tan intenso face to face, xorde un dos tándem que máis dará que falar á conclusión do festival.