Pantis 🔗 Fotocopia
Data e hora:
Xoves 15 de Setembro
19:00h
Ubicación:
O Túnel
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2
15008 A Coruña
PANTIS
Rubén Domínguez, aka Pantis, é tamén membro do fabuloso grupo pop Chicharrón. A través de Pantis, Rubén é responsable de traballos tan excitantes como “Baldíos” (2019), peza de beleza antártica onde se pode advertir tanto o eco de Arca como a sombra dos Depeche Mode berlineses. Do tecno avant-garde á cosmología witch house, herdeira de Salem, o galego, fincando en Madrid, extrae sons rescatados de fantasías concretas, como apresar a Ben Frost nun glaciar extraterrestre. E é que estamos ante un percorrido marcado pola gravación itinerante levada a cabo. En calquera das súas formas, a música de Pantis é un labirinto serpenteante que non busca saídas, senón entradas a dimensións aínda por transitar, onde o terruño galaico pódese chegar a confundir cunha inconfundible aura magrebí.
FOTOCOPIA
Co fin de amplificar o seu impacto a todos os niveis, Pantis aliarase con FOTOCOPIA, ourensán, fincado en Arteixo, cuxa motivación creativa parte dun panfleto nervioso; que o ruído é a mensaxe. Radicalizarse en Arteixo, politizar o teu estrés, deformar unha familia, interromper a inercia das biografías. Punk físico-electrónico que tenta ser honesto. FOTOCOPIA é un dos proxectos do artista audiovisual Teo Cid, unha proposta EBM extrema, de impacto directo no cara a cara do directo, que, entre outras revolucións, foi considerada a actuación máis sorprendente da última edición do Fanzine Fest, e cuxo impacto foi prorrogado con EPs de impacto inmisericorde como “FOTOCOPIA (demo)”, que foi bendicida desde medios tan importantes como Rockdelux.